Friday 03 de May de 2024

Constituída a Comisión Técnica de Estudo para a posta marcha dun operador enerxético municipal


A Comisión Técnica para poñer en marcha un operador enerxético municipal constituíuse formalmente esta mañá cunha reunión de traballo no Concello da Coruña. Está formada por persoal técnico municipal, conta con representación de Emalcsa (a empresa que asumirá a xestión do operador) e de todos os grupos políticos da Corporación, e contará tamén co apoio de persoal investigador das universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

A posta en marcha deste operador enerxético é froito do acordo entre a Marea Atlántica e o goberno local para promover a utilización de fontes de enerxía 100% renovables para loitar contra a pobreza enerxética e o cambio climático. Contará, tamén, cunha tarifa social dirixida a persoas sen recursos.

INTEGRANTES DA COMISIÓN TÉCNICA DE ESTUDO:

Concelleiros/as:
Polo Grupo Municipal Socialista: José Manuel Lage Tuñas
Polo Grupo Municipal Popular: Roberto Rodríguez Martínez.
Polo Grupo Municipal da Marea Atlántica: María García Gómez
Polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Persoal técnico:
Secretario/a xeral do pleno: Manuel José Díaz Sánchez.
Interventor/a xeral do Concello da Coruña: Ángel David Murado Codesal.
Xefe/a do Servizo de Innovación Tecnolóxica: José María Ares Abalo.
Xefe/a do Servizo de Infraestruturas: Fernando Santiago Martínez López.
Xefe/a da Sección de Calidade Medioambiental: Guillermo Leira Nogales.